Gala deste chan galego ¡Minia, Santiña avogosa! Válenos, nena fermosa, ti que vives xa no ceo. En Roma fuches nacida e, mártir ós quince anos, foi asombro dos paganos a ofrenda da túa vida. Coa fe en Deus o ánimo aceso, de Cristo cal fiel esposa, Válenos, nena fermosa, ti que vives xa no ceo. Sulcando as ondas dos mares de Italia a España pasaches i-aquí axiña acadaches devotos teus a millares. Pois que te trouxo o anceio de honrar esta Terra nosa, Válenos, nena fermosa, ti que vives xa no ceo. (bis)