HIMNO DE SANTA MINIA

Gala deste chan galego 
¡Minia, Santiña avogosa! 
Válenos, nena fermosa, 
ti que vives xa no ceo. 

En Roma fuches nacida 
e, mártir ós quince anos, 
foi asombro dos paganos 
a ofrenda da túa vida. 
Coa fe en Deus o ánimo aceso, 
de Cristo cal fiel esposa, 
Válenos, nena fermosa, 
ti que vives xa no ceo.
 
Sulcando as ondas dos mares 
de Italia a España pasaches 
i-aquí axiña acadaches 
devotos teus a millares.
Pois que te trouxo o anceio 
de honrar esta Terra nosa,
Válenos, nena fermosa, 
ti que vives xa no ceo. 
(bis) 
Compártenos
Verificado por MonsterInsights